A osa “Ada” pasou por Aldán

Actividade de animación á lectura, integrada no programa de Igualdade e Violencia de xénero, que atopou en Aldán uns cativ@s moi activos e atentos para escoitar as aventuras da osa Ada.

Actividade de animación á lectura, integrada no programa de Igualdade e Violencia de xénero, que atopou en Aldán uns cativ@s moi activos e atentos para escoitar as aventuras da osa Ada.
Varias sesións deste obradoiro de escrita creativa impartido por Andrea Barreira. Este Obradoiro de escrita funciona como unha receita. A través de 10 pasos, que son como ingredientes que van desde a inspiración á lectura pasando pola escrita, descubrimos tanto o traballo que hai detrás dun texto como os elementos narrativos e como conxugalo todo.


O día 30 de agosto de 2019, desenrolouse na Biblioteca da Casa da Cultura “Olga Novo”, unha actuación de Igualdade e Violencia de Xénero a cargo de Miguel Ángel Alonso Fernández, titulada “Cambia o conto”. Nesta actividade os nenos participaron cambiándolle a historia dos contos.
Moitas grazas pola actuación
O venres 27 de setembro o Mago Deimi fixo coa súa maxia as delicias dos rapaces e rapazas de 3º e 4º de Educación Primaria do CPI Pecalama, que fixo esta sesión de entretemento interactuando cos rapaces na biblioteca municipal de Tordoia sita na Casa de Cultura de Tordoia.
O xoves 26 de setembro na biblioteca municipal de Tordoia os nenos e nenas de 1º e 2º de educación primaria gozaron do espectáculo do Mago Teto.
O mércores 25 de setembro o alumnado dos cursos 1º e 2º da ESO do CPI Pecalama acudiu á biblioteca municipal de Tordoia, sita na Casa de Cultura da localidade, para asistir ao espectáculo interactivo para identificar comportamentos que promoven a violencia machista que aparecen nos mais diversos contextos da nosa vida cotiá e evitar e poderlle facer fronte aos mesmos.
O martes 24 de setembro o alumnado de 5º e 6º de Primaria do CPI Pecalama asistiu a esta actividade que os sumerxiu nunha viaxe diferente e atrevida que mesturou artes plásticas e psicoloxía positiva para explorar os seus mundos interiores. Os rapaces e rapaces gozaron de duas horas nas que expresaron os grandes artistas que levan dentro da man de Cristina Quiroga Bernardos.
O luns 23 de setembro os nenos e nenas de 3º e 4º da ESO do CPI Pecalama puideron gozar desta actividade – obradoiro formativo impartido por Eli Ríos.

Ian & Elisa usaron a súa maxia para transmitir os valores e a importancia da igualdade e a loita contra a violencia machista. De un xeito ameno e metafórico, nenas e nenos entenderon a necesidade de cambio rompendo coa sociedade patriarcal.
A actividade foi aberta ao público e tanto nenas e nenos como familias gozaron dun espectáculo ameno, divertido que os mantivo moi atentos durante toda a actuación.


O pasado sábado o espectáculo “Pitusa Semifusa”, a cargo de Rebumbio Producións, tivo lugar na Biblioteca de Quiroga. Nenos e nenas participan, acompañdos dos seus familiares, neste concerto didáctico ameno e divertido. Así cantando, bailando e intereactuando coas artistas os nenos e nenas asistentes achegáronse á música a través do coñecemento dos distintos tipos de instrumentos musicais.


Séguenos