A.L.M.PANTÓN

Os contos do marmeleiro, anís e limón chegaron a Bóveda para endulzar os oídos das persoas que asistiron a festa de despedida do Punto de Atención á Infancia do concello.





As piscinas municipais acolleron na tarde do 28 de xullo o Gran Xogo das Letras Galegas, unha actividade para nenos e nenas a partir de seis anos organizada polo programa ‘Ler conta moito’ e a Rede de Bibliotecas de Galicia e que foi impartido por Eduvía ( Vías para a Educación )
A través deste divertido xogo por equipos, os participantes coñeceron algo máis sobre a orixe e significado do Día das Letras Galegas, así como dos autores homenaxeados ata o momento, ao tempo que descubrirán interesantes datos sobre a vida e obra do autor homenaxeado este ano, Manuel María.

Contacontos, música e libros animados en Boimorto.
A compañía BocAberta representou o venres 22 de agosto de 2016, na biblioteca municipal de Tordoia, a súa obra Carmiña miudiña, a pinga que quería ser científica. Á representación asistiron 40 nenos e nenas que quedaron abraiados coa obra.
Obradoiro creativo cos pelelliños. Un obradoiro para coñecer estes máxicos personaxes da man do seu creador, inventar novas historias e deseñar novos pelelliños. Cunha chea de debuxos e risas, viaxando ao mundo dos pelelliños.



O pasado martes 19 os rapaces e rapazas das Pontes combateron a calor escoitando os contos de Bou Catrineta, na voz e na música de Inacio Vilariño. Pasarono moi ben e participaron cantando e bailando acompañando a Inacio.
Os rapaces e rapazas do campamento urbán de Bóveda disfrutaron o pasado venres dun obradorio de sombras chinesas a cargo de Olga Novo.
.
Durante tres intensos días @s rapaces de Celanova xa coñecen moito mellor a importancia do noso patrimonio cultural gracias ó taller elaborado por Pedras. Artesanía e Patrimonio. Teoría e práctica aúnanse neste obradoiro que lles permitiu voltar a tempos de grande importancia na nosa historia.


Séguenos