Avoa Youja ten unha proposta moderna, novedosa e sensitiva.
Sorprende a maiores e pequen@s.
As persoas que asistiron e sobre todo @s pequen@s do Punto de Atención á Infancia de Bóveda disfrutaron moito desta sesión.
O venres 31 de xullo de 2015 o grupo Sarabela Teatro representou a súa actuación Conto Espress nas instalacións da biblioteca municipal de Tordoia. A actuación deixou abraiados a 40 nenos e nenas que puideron gozar dela grazas ao programa Ler conta moito.
Un feixe de cancións na BiblioPiscina do Concello de Verín, no día de onte cantamos e bailamos con Paco Nogueiras.
Actividade nas Piscinas Municipais (Bibliopiscina), ás 18:00 horas, para nenos/as de 3 a 12 anos.
ver máis fotos FLICR: https://www.flickr.com/photos/130891676@N04/

Na mañá do xoves 30 de xullo visitáronnos Carlos e María de Migallas Teatro, e as súas pulgas.
Con eles Merendamos con Pan de Millo ó ritmo dos seus contos e cancións.
A Biblioteca de Boqueixón acolleu con expectación a maxia de Leo Leiño para gran delicio dos máis “pequechos”. Os seus trucos de maxia provocaron a admiración e as gañas de participar de todos os alí presentes.

Proposta divertida, participativa , amena e educativa, que se realizou nas instalacións das piscinas municipais de Sober. Tivemos con nós a Manuel Solla contando contos que por arte de maxia enchíanse de debuxos . Espectáculo de animación á lectura de gran calidade a nivel profesional e que provocou a participatición activa dos pequenos e tamén das nais e pais que os acompañaban.
O pasado venres 24 de xullo o Concello de Cambados a través do programa da Xunta de Galicia Ler conta moito, levou a cabo no Parque de Torrado un obradoiro de debuxo Manga a través de Gochi, quen hai uns 10 anos sacou o seu primeiro número do fanzine Cerditos de Guinea, participando nos concursos estatais de cómic onde acadou 30 premios (os dos últimos gañados no 2014). Pero foi tras mandar unhas mostras á dirección artística da xa desaparecida revista infantil Golfiño, cando conseguiu publicar profesionalmente para ela debuxando as tiras de Trasmallo, adestrador de Piratas, das que tamén publicou dous álbums monográficos, a Santa Compaña e O tesouro de Carraxe.
Estas publicacións cristalizaron na creación da editorial Cerditos de Guinea Cómics onde se adican a publicar obras en galego, contando con títulos como Gárgolas, Os cinco loitadores, Spirou e Fantasio, Superlópez ou Sam e Twitch.
Esta é a segunda vez que visitou o municipio cun obradoiro, que contou coa asistencia de 13 rapaces e rapazas a partir de 10 anos. O temario do obradoiro de 2 horas aproximadamente baseouse nos pasos básicos e conceptos principais do estilo de BD xaponés coñecido como MANGA, o deseño de personaxes e elaboracion de bosquexo, guión e páxina de BD, así como dos materiais específicos e técnicas orixinais usadas polos profesionais xaponeses.
As prazas estaban esgotadas dende xuño.
O día 22 de xullo tivemos a oportunidade de afondar na polifacética figura do galego Luís Seoane. Crearte Servizos Culturais, mediante imaxes proxectadas e pequenas actividades, permitiulle aos cativos descubrir como a arte forma parte da nosa historia e do noso presente.
O diálogo entre a educadora e os participantes foi esencial para favorecer a creatividade e a interpretación das imaxes artísticas. O obradoiro resultou marabilloso e os nenos e nenas que se achegaron á Biblioteca do Concello de Riós amosaron o seu entusiasmo en todo momento.


Séguenos