Este ano quixemos celebrar o día das Letras Galegas coa Asociación Musical Musicreques A súa actividade, “As aventuras de Quebranoces” resultou amena, divertida e moi didáctica. A beleza da música e dos monicreques cautivou a nenos e maiores e a tarde do sábado resultou todo un éxito.
O contacontos chantadino Anxo Moure, subido nun triciclo alemán con dous teatriños de títeres e cargado con monicreques tecidos polas cooperativas de mulleres do comercio xusto en Bangladesh, sorprendeunos cos seus contos solidarios en Baio (Zas) o pasado mércores 14 de maio 

Hoxe, xoves 15 de maio veu celebrar as Letras Galegas deste ano cos nenos e nenas de Zas, Gonzalo, de Elefante Elegante co seu “Lobo Bobo”
O 14 maio na programación da semana das Letras Galegas, achegóuse á biblioteca municipal de Oroso, Elefante Elegante, para divertir aos máis pequenos co contancontos “O aviador”. Máis de 40 nenos, xunto cos seus pais desfrutaron dunha actividade moi animada e divertida.
O mércores, 14 de maio, o auditorio de Vimianzo encheuse de nenos para ver un espectáculo de maxia e animación a lectura.
Chrystyan Magic introduce os nenos na maxia a través dun conto “Na senda da serpe alada”. Os nenos soben o escenario e colaboran activamente na sesión, axúdanlle a realizar os trucos e participan dende o público
O martes, 13 de maio, a ratiña Lilí Gruyère achegouse a biblioteca para divertir os máis pequenos coas súas “aventuras na cociña”. Improvisou unha cociña na que elaborou un menú a base de froitas, verduras e historias con personaxes como porros, pementos,cenorias… que divertiron e sorprenderon os nenos
Na biblioteca Miguel González Garcés de Culleredo, celebramos a Semana do libro cunha programación especial. Unha das actividades elexida foi un contacontos para bebés, Triquitraque-traquetriqui, a cargo de Charo Pita. A actividade durou 40 minutos, pero os bebés aguantaron perfectamente e aos pais e nais encantoulles. Charo, cantounos, contounos, rimounos e todos xuntos xogamos a cabalgar nun cabalo.
O martes 13 de maio realizamos na biblioteca do Porriño un obradoiro de banda deseñada impartido por Xosé Tomás. O nome do obradoiro era Coñécete a través dos cuadriños, e a través del pretendíase achegar aos rapaces e rapazas a un medio tan complexo e aglutinador ao público a través da implicación persoal.
Deste xeito, traballamos a creación de guións baseados en historias cotiás, da vida mesma, afondando en valores como as relacións humanas saudables, o respecto na convivencia, así como en aspectos como a creatividade e a imaginación. Tamén abordamos a creación de personaxes e as técnicas para facelo, e traballamos os códigos da banda deseñada: as viñetas, as elipses narrativas, a montaxe de páxinas, os planos cinematográficos, etc. Botando man de obras destacadas do mundo da banda deseñada, exemplificáronse as diversas temáticas ás que se poden facer fronte e como se poden empregar.
Foi unha mañá arredor da banda deseñada, o que fixo as delicias dos rapaces e rapazas que ateigaban a sala de consulta da biblioteca porriñesa.
O pasado venres día 9 de maio tivo lugar a actuación “Aventuras na cociña” da compañía de teatro Trinke Trinke. Foi unha tarde moi divertida para os máis pequenos na que escoitaron entretidas historias ó tempo que aprenderon a facer sinxelos pratos con froitas e verduras. Tanto lles chamaban a atención que os querían probar polo decorativos e chamativos que eran.


Séguenos