Aforo cheo no salón de actos de Biblioteca Pública de Pontevedra para Celebra o “Día do Libro” e disfrutar coa obra “Catalina Lino Lina” a cargo de Glup Glup.
“Cada vez que abrides un libro e o ledes, os personaxes que o habitamos cobramos vida.”
Para celebrar o día Internacional do Libro Trinketrinke teatro co obxetivo de promover hábitos saudables na alimentación dende os contos e fomentar o uso da Biblioteca e a lectura, deleitounos co seu espectáculo “Aventuras na cociña” contacontos teatral no que os seus protagonistas eran os Ratos da Biblioteca que lograron captar a atención, tanto dos nenos como dos seus acompañantes.

O pasado 24 de abril, dentro das actividades para celebrar o Día Internacional do Libro, a ALM de Oubiña en Cambados encheuse literalmente de nenos e familiares para dar a benvida a Mowgli e os seus amigos (e inimigos!) da selva.
A través do Programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia puidemos coñecer como, na espesura da selva, vivía o malvado tigre Sherekan que tiña amedrentados a todos os veciños dunha aldea e como Mowgli e os seus amigos viven divertidas experiencias ata que se enfrontan cara a cara a Sherekan e o abaten.
A sesión de Títeres Cachirulo fixo as delicias de todos os asistentes que permaneceron impasibles os 50 minutos da sesión ata o remate. A biblioteca quedouse pequena para todos os que quixeron homenaxear dun xeito tan orixinal as boas historias e os libros.
O xoves día 24 de abril o grupo Migallas Teatro interpretou contos para bebés, “Os contos do chupete”, na que integraron música, teatro e literatura. Tanto rapaces como pais divertíronse moitísimo. Resultou moi entretido.
O mércores 23 de abril a Biblioteca Pública Juan Compañel, en Vigo, celebrou “O Día Internacional do Libro” coa actividade “Marcapáxinas-lupa no día do libro, para guiar a lectura do Quixote” na que tras a lectura dunhas páxinas do Quixote, os rapaces fixeron o seu propio marcapáxinas.
A Biblioteca de Dodro celebrou o Día do Libro cunha entretida e divertida sesión de contacontos: “A maleta da avoa”, a cargo de Raquel Queizás.
Disfrutamos moito dos contos e lendas da tradición oral, que Raquel escoitaba da súa avoa a todas horas e que agora nacen da memoria, dos tesouros e dos libros gardados nunha vella maleta que a acompaña a cada unha das súas actuacións.

Para celebrar o Día do Libro en Vilagarcía de Arousa tivo lugar o espectáculo “Contos que deixan pegada”, o 23 de abril ás 18:30 horas nas dependencias da biblioteca. A actividade estaba aberta ó público, sen limitación de idade, aínda que estaba recomendada para nenos e nenas a partir de catro anos. Os intérpretes do espectáculo, Pavís Pavós, durante aproximadamente unha hora, narraron diversos contos, facendo participar nos relatos ós nenos e nenas asistentes, que disfrutaron, xunto cos seus pais, das narracións.
Os participantes foron máis de 100 persoas, entre nenos e pais.
A actividade foi un éxito en canto a participación de público así como de satisfacción do mesmo.
o xoves 24 de abril celebramos o día do libro coa actuación de Glup Glup teatro é o espectáculo “Catalina, Lino Lina” no que Catalina quere vivir as súas propias aventuras e conta os contos a súa maneira, facendo participes aos nenos cos que interactua en todo momento e que as veces tamén se converten en parte do conto. Contos como o de Alicia no país das maravillas, carapuchina vermella etc. 

Imaxe do primeiro grupo de axudantes de xardineiro. Antes de traballar nas súas macetas están escoitando como a Xardineira Maior está a narrar como onte, polo día do libro, creceron moito as plantas das súas macetas.
Un ano máis para festexar o Día do Libro volve a visitarnos a nosa amiga Lilí Gruyere, ratiña de biblioteca e habitante de Lonxedetodo (País dos ratos de Biblioteca). Esta vez con o espectáculo “Aventuras na cociña”, que intenta promover hábitos saudables na alimentación e fomentar o uso da biblioteca a través dos contos. Invitamos a asistir os alumnos de 1º de primaria dos dous Colexios de Ribadeo que desfrutaron de dous contos : “Sopa verde” e “El jarrón del fondo del lago”


Séguenos