Charo Pita achegou ata a Biblioteca Municipal do Grove o espectáculo Triquitraque Traquetrique na mañá do sábado 10 de maio.

Trinta bebés acompañados dos seus pais e nais, asistiron a unha sesión moi especial de contacontos onde a narración de historias viña acompañada de xogos de palabras, trabalínguas, xogos co corpo, cancións arrolantes, sons sorprendentes e música.

A pesar de que os nenos e nenas eran moi pequenos, portáronse moi ben e estiveron atentos ata o final, escoitando e participando cos seus pais e nais nesta divertida sesión de animación.

Os personaxes de Brancaneve o os sete ananiños, Carapuchiña Vermella, A casiña de chocolate e de outros contos clásicos, conviven e interactúan nun “totum revolutum” chamado “Lobo bobo”, contado por Elefante Elegante, que propicia a reconversión das moralexas tradicionais dos contos clásicos en novos valores máis necesarios nos tempos que corren: ecoloxismo, feminismo, etc.
De maneira divertida precorrese os distintos contos clásicos involucrando os nenos nun mundo de fantasía
O xoves 8 de maio ás 18 horas Forma Teatro desenrrolou a actividade para nenos menores de 3 anos ” Bebecontos de Choupiña e Trasnón” na que conxugaron música, baile, teatro e contos. Para rematar agasallaron aos nenos cunhas flores de papel.
Con moita presencia de nenos e nenas de Educación Primaria do Vicedo, un par de integrantes do afamado grupo Sarabela Teatro de Ourense presentaron unha actividade de animación á lectura: Conto Express. Unha actividade que trata de achegar o mundo dos contos tradicionais ós máis pequenos e difundir a imaxinación e a lectura. A actividade resultou moi entretida e das máis relacionadas coa promoción da lectura e da biblioteca.
Tarde de contos na Biblioteca Municipal a cargo de Os contos de Pablísmo. Contos cortos e divertidos, protagonizados todos eles por rás e sapos cos que os nenos e nenas asistentes coñeceron un pouco mellos o mundo dos batracios.
Onte, xoves 8 de maio a asociación cultural Lisintrata estivo contando contos na axencia de lectura Municipal de Meño, contos no que se manifesta que todos temos as mismas obrigas e os mesmos dereitos sexamos homes ou mulleres. Foi moi participativo e os nenos/as expresaban as súas opinións.
Este martes acompañáronnos de novo os ratiños de Lonxedetodo do Trinke Trinke na nosa biblioteca.
Nesta ocasión, unha ratiña contounos contos para promover hábitos saudables na alimentación.
Preparounos un fantástico menú con froitas e verduras … e contos, como non?
Os contos non os comemos, pero estivemos moi atentos/as…
e o menú… deliciooooso!!!


Séguenos