Obradoiro de ilustración OINK na Biblioteca Forum Metropolitano
Na Biblioteca Forum Metropolitano da Coruña tivemos a sorte de desfrutar dun Obradoiro de ilustración. Os ilustradores de OINK!– a revista do Xabarín Club- (neste caso Ana Santiso) puxéronse mans á obra para dar a coñecer o mundo da banda deseñada á xuventude a través dun taller creativo que tivo lugar do 18 ao 20 de agosto na sala infantil da propia biblioteca onde os rapaces e rapaces de 10 a 15 poideron desfrutar das clases maxistrais a cargo de Ana Santiso.
Despois de coñecer as distintas escolas (as máis coñecidas) e as diferencias entre ambas (a americana, a europea e a xaponesa) os artistas puxéronse man á obra e crearon as súas propias tiras.