A TRASTENDA DOS CONTOS VOLVE A BÓVEDA
Co espectáculo para bebés “Levántate Xan” despediron o curso do P.A.I. do concello de Bóveda da man de Felipe Díaz “Caxoto”

Coma sempre un éxito asegurado para mamás, papás e bebés.

Co espectáculo para bebés “Levántate Xan” despediron o curso do P.A.I. do concello de Bóveda da man de Felipe Díaz “Caxoto”

Coma sempre un éxito asegurado para mamás, papás e bebés.




O día 31 de xullo tivo lugar na praza do Concello o Obradoiro, Zonchos, colares que salvan as ánimas impartido pola Curuxas.
Unha actividade moi interesante e moi relacionada co noso concello, ao tratar temas tan interesantes cos adornos e símbolos protectores da natureza. todo elo tendo en conta que este concello é un gande produtor de castañas e celebra o samain e a colleita das castañas.
Os máis pequenos pasárono moi ben.
Esta mañá, os nenos e nenas do campamento de verán participaron na actividade “Camiño a Compostela”, organizada por Ela Sabe. Durante esta experiencia, convertéronse nun grupo de peregrinos e peregrinas que avanzaron cara a Compostela nun xigantesco xogo da oca. Ao longo do percorrido, coñeceron historias reais de persoas que fixeron o Camiño ao longo da historia, inventaron cantigas, resolveron adiviñas e descubriron a relación entre as viaxes, os libros e a liberdade. Foi unha actividade chea de aprendizaxes e diversión, que lles permitiu explorar a riqueza cultural e histórica do Camiño de Santiago dun xeito lúdico e interactivo.



O martes 30 de xullo celebrouse un contacontos organizado por Antela Editorial. A sesión incluíu historias breves e participativas, e para finalizar realizouse un obradoiro de rimas, fomentando a creatividade e a colaboración entre os asistentes.

Agradecemos a todos pola súa participación e agardamos vervos en futuros eventos.
A ACTUACION DE MUSICA MIUDA NA BIBLIOTECA DE AVION CONTOU CON GRAN ASISTENCIA DE PUBLICO QUE CANTARON E BAILARON O SON DA MUSICA NUN DIA MOI DIVERTIDO.
O 19 DE XULLO TIVEMOS A ACTUACION DO MAGO PACO NA BIBLIOTECA DE AVION CON GRAN ASISTENCIA DE PUBLICO TANTO DE ADULTOS COMO INFANTIL QUE O PASARON MOI BEN.


O martes, 30 de xullo, asistimos a un espectáculo de “Ciencias malabarísticas”. A compañía de A Fraga dos Mouros realizou uns interesantes xogos de malabares pero tamén aprendemos os conceptos científicos que os explicaban máis algún dato curioso sobre algún dos científicos máis importantes da nosa historia: Tales, Arquímedes, Newton… Temos que destacar a indispensable, esforzada e valerosa participación dalgún/ha cativo/a que, iso si, lle puxo moitas ganas aínda que a tarefea non era sinxela, menos mal que contábamos coas indicacións do experto na materia. Pasámolo xenial!!
Onte día 30 de xullo o mago Marco realizou un obradoiro de maxia para os nenos e nenas que participan no campamento de veran 2024 de Irixoa. O obradoiro tratou de ser unha escola de maxia que estimulara a fantasía e a imaxinación dos menores participantes. Empregou teatro, debuxo, traballos manuais…. Fabricaron os seu propios artiluxios máxicos e pasarono en grande!


Tarde de maxia en Poio co gran mago Pedro Bugarín.
O pasado martes 23 de xullo Fran Campos e a súa amiga Filipa visitaron Cerdedo. Pequenos e maiores quedaron “filipados” coas súas fascinantes aventuras.




Séguenos