INTERPRETACIÓNS MUSICAIS DAS OBRAS DA LITERATURA NA BPM DE MEIS ARREDOR DO DÍA DO LIBRO


En conmemoración ao DÍA DO LIBRO celebrado este domingo 23 de abril, onte luns pola tarde coa comunidade escolar de secundaria do CPI Mosteiro, descubrimos que un libro amais de ser lido, donde nos contan historias e transmiten ideas e coñecemento; tamén podemos escoitalo a través dunha lectura musical interpretada. E así foi cun formato de charla-concerto como, SIRGO TORCENDO nos deixou introducir nese universo oculto que agochan as obras, interpretado con instrumentos como portativo, laúde, cítola, frauta, guitarra, arpa e unha espectacular voz, facendo protagonistas obras que forman parte do fondo da nosa biblioteca e en especial á literatura galega.


























Séguenos