A Compañía Garabullo escenificou a historia de Pirula e o Misterio das abellas nun fin de semana moi doce neste concello, onde Ler Conta Moito escolleu a temática das abellas coincidindo coa 37ª edición da Feira do Mel no Valadouro. Ademais dos monicreques comandados por Helder o público
infantil puido aproveitar un divertido obradoiro de chapas de imanes.
Moita maxia, divertimento e animación infantil, tivemos e Valadouro, coa actuación do Mago Paco. Con un patio de butacas ateigado con pais e moitísimos neno/as na Casa da Cultura Manuel Lourenzo, o Mago Paco foi desenvolvendo sorprendentes trucos e interactuando con moitos cativos que colaboraron en escea, desatando as gargalladas de todos os presentes. Unha actuación que durou hora e media e fíxose realmente corta chea de animación, música e maxia divertida.
Os magos Carlos Tomico e Sara Rodríguez presentaban na Casa da Cultura o espectáculo: A Igualdade non ten truco, ensinando a maiores e pequenos que no mundo da maxia houbo magas que marcaron época e abriron o camiño para futuras profesionais que se desenvolven nos escenarios hoxe en día. Sara e Carlos amenos, simpáticos, conseguiron sorprender ao público con trucos e números orixinais e clásicos e mesmo contaron un conto de princesas e dragóns onde se lles daba a volta ao tradicionais roles de xénero.
Érase un neno chamado Enrique que devoraba literalmente todos os contos que atopaba..Ulíaos, pechaba as tapas e trababa as páxinas…así Enrique tiña tantas palabras almacenadas que era o primeiro en contestar á profesora pero despois non lle foi tan ben. O mexunxe de libros que tiña na barriga fíxoo trabucarse e sentiuse tan mal que vomitou esa estraña dieta.
Logo foi o turno de Lola que acompañada dos máis diversos animais atopou un terrorífico monstro que quería facer unha sopa cos seus amiguiños…Os nenos e nenas do Valadouro correron tantas aventuras como os protagonistas de Trémola Teatro: riron, asombraronse, participaron dando ideas e unha chea de imaxinación desbordante…Acabaron bailando a danza do monstro da lagoa. En fin un día divertido e memorable onde soubemos que os libros non hai que comelos…hai que lelos.
O Mago Teto regresou a Valadouro e de novo foi a crónica dun éxito anunciado. Sabiamos que era un dos mellores magos de Galicia e non defraudou a un público familiar, entregado
a o espectáculo de Teto, A Maxia dos Contos.
Coa maestria do mago, un verdadeiro showman na escea, brillante, detallista, divertido… facendo as delicias de grandes e menores, foi debullando un truco tras outro deixando coa boca aberta ao espectador: aros, cartas, botellas que se multiplican, moedas invisibles, etc. O tempo de espectáculo literalmente voou no patio de butacas culminando a visita cun longo e sonoro aplauso.


Séguenos