Raquel Queizás monta unha “Romaría” en Cambados!
Este luns 3 de abril, a Biblioteca Luís Rei organizou unha xornada moi especial para celebrar por partida dobre o Día do Libro Infantil e o Día do Autismo. Con tal motivo convidamos a rapaces dos colexios de San Tomé e Magariños amais de alumnado do colexio Mecos en colaboración con BATA e Por Dereito.
Comezamos a xornada coa lectura por parte do Concelleiro de Cultura Víctor Caamaño do manifesto a prol da lectura que este ano corre a cargo de Sergey Makhotin (traducido ao galego por Sabela González Panizo) e que estes días lerase en todas as bibliotecas públicas do país.
A continuación puidemos disfrutar das lendas e contos que Raquel Queizás puxo en escena co seu espectáculo Romaría, traéndonos a escena a tradición antiga do noso rural.
Rematamos coa visualización dunha curtametraxe moi especial “Academia de Especialistas” da Fundación Orange, que da visibilidade aos rapaces con autismo e a contianución puxémonos todos de pé para despedir a actividade cantando xuntos a través dun karaoke con pictogramas…
Achegamos algunhas fotografías que mostran o ben que o pasamos!
Séguenos