Deseño de Mochilas para Lectores/as na Biblioteca Sagrada Familia
O xoves, 28 de xuño tivemos na biblioteca municipal Sagrada Familia o pracer de contar con Patricia de “O Faiado de Nin” que impartiu un obradoiro de deseño de mochilas para os nosos lectores e lectoras máis novo/as.
Patricia amosoulles os diferentes materiais que podían empregar, ao mesmo que tempo que lles mostraba exemplos para alimentarlles a imaxinación. O resultado final foron uns orixinais deseños e os participantes marcharon encantados coas súas mochilas cheas de libros.
Séguenos