Mergullámonos na Biblioteca de Chapela con Andrea e “Os Piñeiriños”
Este venres a rapazada de Chapela gozaron dunha tarde fabulosa con Andrea e mais os Piñeiriños, que lles contaron e cantaron moitas historias sobre as emocións.
O noso espazo dos contos encheuse de cativos e cativas de 2 a 6 anos, que escoitaron, cantaron, bailaron aprenderon e se divertiron a través desta sesión tan animada de contos.
Pasámolo moi ben. Grazas aos cativos, pero tamén aos adultos acompañantes por asistir.
VER MÁIS NO NOSO BLOG: http://bibliotecasredondela.blogspot.com.es/2016/09/mergullamonos-nas-emocions-con-andrea.html
Séguenos