experimentos científico-artísticos…na BPM do Saviñao
Día 2 de outubro de 2020 ás 11:00, biblioteca de Escairón
Temos a terceira actividade do programa Ler conta moito, trasladada á biblioteca escolar debido á situación que vivimos co coronavirus…
Experimentos científico-artísticos
da man de Fatiropina
o 2 de outubro, ás 11:00 na biblioteca escolar
co alumnado de 5º e 6º de Infantildo CEIP de Escairón.
Achegámonos á ciencia e á experimentación da man de Fátima.
Comezamos falando un pouco das mascariñas e da auga e o xabón para lavar as mans.
Despois xa entramos directamente en materia falando da TENSIÓN SUPERFICIAL DA AUGA, algo así como a pel da auga!!!
Como na auga non se ve en, usamos leite para ver o que fai o xabón coa “pel” da auga. Botamos unhas gotiñas de cor no leite e xa postos, vimos a maxia da creación de cores novas a partir das cores primarias (vermello, amarelo e azul): verde, laranxa e morado.
Despois, aproveitando a diferencia de densidades entre o aceite e a auga, usando cores ó óleo flotando na auga colocamos uns trozos de cartón cos que conseguimos obter uns preciosos marcapáxinas totalmente orixinais:
Foi moi divertido cando tamén con fel conseguimos facer fractais con esas gotas de pinturas ó óleo!
Unha sesión de ciencia e arte moi, pero que moi divertida!
Séguenos