Na Biblioteca Municipal da Sagrada Familia 12 cativos de entre 8 e 12 anos aprenderon a debuxar os autorretratos de Maruja Mallo tomando por referencia os deportes favoritos de cada un. Aos rapaces entusiasmoulles coñecer a figura da autora e representarse ó xeito da súa pintura, e se quedaron con ganas de rematar o seu debuxo porque estaban tan inmersos no obradoiro que unha hora lles soubo a pouco.
Na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil da Coruña, celebramos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil recordando a figura dunha das artistas máis sobranceiras da vangarda artística do surrealismo español, a galega Maruja Mallo.
Fixemos un taller da man de Jose Luis Cousillas García, de Crearte Servizos Culturais, coa figura de Maruja como fío condutor, e como a arte, e sobre todo a arte surrealista, tamén está recollida e representada nos libros.
A vida de Maruja Mallo está chea de grandes aventuras, viaxes, as amizades que mantivo con por exemplo Dalí, Miró, etc… Unha muller afoutada, sen límites para a súa libertade, e que defendía o papel da muller en todos os ámbitos da vida. E con moita sorpresa e ledicia comprobamos o grande coñecemento que os participantes tiñan dela.
A parte artística, logo de repasar a súa obra e de falar dos temas que lle gustaban, as paletas empregadas, e as composicións das súas obras, consistíu en afondar nese imaxinario coa interpretación propia de cada neno. Uns artistas!!, e un bó comezo para rematar na casa e adornar a habitación de cada quen.
Séguenos