Contos Pop-Up no Valadouro con Fátima Fernández
Nesta mañá do venres 26 de xullo tivemos a visita dunha excepcional narradora e contadora de historias. Por medio dos ricos e variados matices da súa voz e contando co apoio gráfico das ilustracións Pop-Up, Fátima levounos por un fantástico percorrido de aventura e imaxinación a través desas imaxes tridimensionais e sorprendentes que agochan algúns libros.
Os nenos e nenas do Valadouro coñeceron así o impuntual e cuentista Xacobe que sempre inventaba excusas para non facer o que lle dicía súa nai ata que coñeceu unha máxica receita contada polo avó para enfeitizar a unha mamá
enfadada.
Tamén soubemos de Uxío e Antón, atrapados nunha disputa sen fin se as nubes que vían no ceo era un pato ou un coello…E que dicir da mosca namoradiza que intentaba sen moita sorte engaiolar a un caracol, unha bolboreta, un verme a ata un camaleón…Unha mañá divertida e amena da man de Fátima Fernández.
Séguenos