Biblioteca municipal de Ferrol e Carlos Méndez

Carlos Méndez falando cuns rapaces.

Carlos Méndez falando cuns rapaces.
Esta semana visitounos a Nube de Artear co seu obradoiro “Robótica educativa. Creatividade inspiradora”, onde os participanetes puideron
iniciarse no mundo da programación e a robótica a partir de pezas de lego e pequenos robots programables. Toda unha gran aprendizaxe para eles e moi divertida.


Este Luns, 25 de Outubro, tivemos a ocasión de divertirnos e aprender robótica na Biblioteca. Celebrando así tamén o Día das Bibliotecas deste ano.
Un grupo de 12 rapaces e rapazas, crearon os seus propios robots e os levaron despois para casa, logo de ver cómo funcionaban.



Un grupo de nenos e nenas, de entre 8 e 12 anos, achegáronse ás nosas instalacións para tomar o seu primeiro contacto (nalgúns dos casos os e as participantes eran máis experimentados) coa robótica e coas tecnoloxías, e puderon saír da actividade co seu “cachivache” eléctrico xa montado e funcionando… e cun novo horizonte de posibilidades para xogar, explorar e seguir aprendendo.
A actividade realizouse seguindo todas as recomendacións de seguridade e hixiene frente ao Covid-19, e tivo lugar dentro do programa Ler conta moito da Consellería de Cultura e Turismo para a Rede de Bibliotecas de Galicia.
Ver +: https://bibliotecasredondela.blogspot.com/2020/09/aprendendo-robotica-para-un-novo-tempo.html


Séguenos