Actividades nos centros. CEIP Antonio Fernández e CEIP de Sobrada (Tomiño)

A arqueóloga Rebeca Blanco Rotea acudirá, os días 6 e 28 de abril, ao CEIP de Sobrada e ao CEIP Pintor Antonio Fernández respectivamente, para falar sobre a paisaxe fortificada de época moderna no Baixo Miño  e cómo, durante a guerra entre España e Portugal, coa introdución de novos métodos de guerra e novos tipos de fortificacións, configurouse a paisaxe defensiva de frontera que hoxe forma parte do noso patrimonio cultural. Rebeca tamén contará qué é a Arqueoloxía da Paisaxe e a Arqueoloxía da Arquitectura, os métodos de investigación a través dos cales pódese comprender e rastrexar sobre no terreo a acción dos exércitos español e portugués.

Se queredes saber máis deste tema tedes moita información na seguinte ligazón:

http://www.fortalezas.es/

Esperamos que vos resulte interesante a charla desta arqueóloga que é una gran coñecedora deste patrimonio co que convivides os alumnos de Tomiño.

Invitámosvos a que subades a este blog fotografías das charlas. Grazas!!!