Actividades nos centros. IES de Quiroga

Os alumnos do IES de Quiroga farán una pequena ruta polo “Camiño de Inverno” e visitarán o “Castelo das Novais” guiados polo arqueólogo Iván Álvarez Merayo, que lles proporcionará unha visión do edificio desde a perspectiva dun arqueólogo, a través dos elementos que se conservan nas súas estruturas murarias.

Esta actividade desenvolverase en dúas quendas, a primeira será o 18 de abril para os alumnos de 2º da ESO e o 24 de abril para os de 1º da ESO.

Esperamos que disfrutedes deste paseo e que aprendades moitas cousas sobre o patrimonio do voso concello.

Invitámosvos a subir a este blog fotografías desta visita.