Documentos de delimitación dos Camiños de Santiago e guía de boas prácticas

Os Camiños de Santiago son unha manifestación singular do patrimonio cultural de Galicia, un conxunto de territorios históricos de valor universal excepcional tanto desde o aspecto material como inmaterial.

A delimitación das rutas dos Camiños de Santiago apróbase mediante decreto do Consello da Xunta de Galicia, por proposta da persoa titular da consellería competente en materia de patrimonio cultural. Actualmente están delimitados o Camiño Francés, as rutas do Norte e o Camiño Inglés, ademais das diferentes alternativas no termo municipal de Santiago de Compostela.

Nos seguintes enlaces está dispoñible a documentación referente á delimitación oficial das diferentes rutas do Camiño de Santiago, documentos completos vinculados a esa delimitación e datos de información xeográfica.

https://www.cultura.gal/gl/delimitacion-camino-francés

https://www.cultura.gal/gl/delimitacion-camino-santiago-norte-ruta-costa

https://www.cultura.gal/gl/delimitacion-camino-norte-interior-Oviedo

https://www.cultura.gal/gl/delimitacion-camino-ingles

https://www.cultura.gal/gl/delimitacion-tramos-camino-santiago-Compostela

A Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia di que as obras e actividades no ámbito delimitado dos Camiños de Santiago deben ser compatibles coa conservación e coa protección dos seus valores propios. Como criterio xeral deben manter as características principais do territorio que conforman, o que supón o mantemento preferente dos núcleos tradicionais e das actividades agropecuarias e forestais. En ningún caso a utilización dos Camiños de Santiago nin a dos seus elementos funcionais poderá supoñer un perigo de destrución ou deterioración, ou realizarse de forma incompatible cos seus valores culturais.

No seguinte enlace podedes ver a Guía de boas prácticas para actuacións nos Camiños de Santiago na que se describen procedementos e metodoloxías para as intervencións habituais de mantemento e conservación no ámbito delimitado dos territorios históricos dos Camiños de Santiago:

http://ficheiros-web.xunta.gal/cultura/publicacions/guia_boas_practicas_actuacions_camino_santiago.pdf

 

 

 

 

 

 


Deixa unha resposta