Presentación do Plan de Abastecemento no Concello de Mondariz
O 1 de outubro de 2021 realizouse a presentación inicial no Concello de Mondariz co motivo de recompilar información, contrastar e complementar a información existente cos usuarios e identificar problemáticas.
O evento no Concello de Mondariz tivo unha asistencia total de 42 persoas que representaban a un total de 23 traídas.
Entre os asistentes a nivel institucional atopábanse:
- D. Xosé Emilio Barros Bello, Alcalde.
- D. Gonzalo Mosqueira, Xerente de Augas de Galicia.
- Rubén Calvarro Rivadulla, Técnico de Augas de Galicia.
O final da posta en común fíxose unha priorización das problemáticas que preocupan os veciños. Nesta priorización resultou que a calidade e cantidade da auga son os temas que máis preocupan ás comunidades de veciños, seguido do estado das instalacións e da xestión (mantemento e custos).



Castellano