Presentación do Plan de Abastecemento no Concello de Oia

O 6 de outubro de 2021 realizouse a presentación de inicio no Concello de Oia co motivo de recompilar información, contrastar e complementar a información existente cos usuarios e identificar problemáticas.

O evento no Concello de Oia tivo unha asistencia total de 23 persoas que representaban a un total de 14 traídas. Xúntase como anexo a lista de asistencia.

Entre os asistentes a nivel institucional atopábanse:

  • Dª Cristina Correa Pombal, Alcaldesa.
  • D. Gonzalo Mosqueira, Xerente de Augas de Galicia.
  • Rubén Calvarro Rivadulla, Técnico de Augas de Galicia.

As solucións expostas baseáronse en tratar de facilitar a xestión en base a asociacións ou compartir certo personal de mantemento. Tamén se destacou a importancia da coordinación con obras do concello de afirmado ou pavimentación, de maneira que se poida aproveitar a colocación de novas conducións e deste xeito aforrar os custes da reposición de firme.