Presentación do Plan de Abastecemento no Concello de Cerdedo-Cotobade

O 14 de outubro de 2021 realizouse a presentación de inicio no Concello de Cerdedo-Cotobade co motivo de recompilar información, contrastar e complementar a información existente cos usuarios e identificar problemáticas.

O evento no Concello de Cerdedo-Cotobade tivo unha asistencia total de 77 persoas que representaban a un total de 61 traídas.

Entre os asistentes a nivel institucional atopábanse:

  • D. Jorge Cubela López, Alcalde.
  • D. Gonzalo Mosqueira, Xerente de Augas de Galicia.
  • D. Luis López Diéguez, Delegado Territorial da Xunta de Pontevedra.
  • Rubén Calvarro Rivadulla, Técnico de Augas de Galicia.

As traídas con mais asistencia foron as de Coto-Gallo, Fonte Grande e Igrexario, que tiveron unha participación de 3 veciños cada unha, con 2 veciños as segundas máis numerosas foron as traídas de Cabenca-Revolta, Cuiña, Cuspedriños, Filgueira, Fonte do can, Parada, Piñeiro, Vilar de Abaixo, Vilalén e Vilanova; finalmente cun asistente estaban representadas as 48 traídas restantes.