Presentación do Plan de Abastecemento no Concello de Oímbra

O 19 de outubro de 2021 realizouse a presentación de inicio no Concello de Oímbra co motivo de recompilar información, contrastar e complementar a información existente cos usuarios e identificar problemáticas.

O evento no Concello de Oímbra tivo unha asistencia total de 8 persoas que representaban ás 6 traídas existentes.

Por outra banda, entre os asistentes a nivel institucional atopábanse:

  • Dª. Ana María Villarino Pardo, Alcaldesa.
  • D. Gonzalo Mosqueira, Xerente de Augas de Galicia.
  • Rubén Calvarro Rivadulla, Técnico de Augas de Galicia.