Presentación do Plan de Abastecemento no Concello de Baleira

O 27 de outubro de 2021 realizouse a presentación de inicio no Concello de Baleira co motivo de recompilar información, contrastar e complementar a información existente cos usuarios e identificar problemáticas.

O evento no Concello de Baleira tivo unha asistencia total de 19 persoas que representaban a un total de 12 traídas. Xúntase como anexo a lista de asistencia.

Entre os asistentes a nivel institucional atopábanse:

  • D. Miguel Ferreirín, Teniente-Alcalde.
  • Rubén Calvarro Rivadulla, Técnico de Augas de Galicia.

As traída con mais asistencia foron as de Fonteo e Millares que tiveron unha participación de 4 veciños, con 3 veciños a segunda máis numerosas foi a traída de Barcias, por parte das traídas de Pousada e Rego de Pereira asistiron 2 representantes de cada unha; e finalmente cun asistente estaban representadas as traídas de A Lastra, Martín e Puñago.