A importancia da calidade da auga na saúde
A garantía sanitaria na calidade da auga que se consume é un dos grandes retos que teñen os sistemas de autoconsumo en Galicia.
A auga non potable ten efectos na saúde provocando enfermidades como a hepatite A, a diarrea, etc.
Para conseguir a garantía na calidade da auga é indispensable dispoñer dunhas infraestruturas adecuadas e ademais levar a cabo un correcto mantemento das instalacións.
No que respecta ás características a ter en conta nas infraestruturas destacan os seguintes aspectos:
- Dispoñer dun sistema de desinfección
Resulta imprescindible desinfectar as augas para poder garantir a ausencia de patóxenos Ademais, trátase dunha obriga legal establecida no RD 140/2003.
- Estanquidade de captación e depósitos
- Dispoñer de filtros de malla nas conducións de saída das captacións.
Pero igual de importantes son as tarefas de control, mantemento e xestión. Entre elas destacan:
- Dispoñer unha contorna de protección nas captación fronte a xurros e fitosanitarios
- Limpeza periódica de depósitos e captacións
- Cumprimento dos requisitos de control sanitario mediante a realización de analíticas.
Máis información sobre control da calidade da auga en:
A continuación, a infografía que resume a importancia da garantía de calidade na auga en sistemas autónomos así como as principais medidas para obtela.



Castellano