Técnicos responsables da redacción dos Plans Municipais de Abastecemento Autónomo de Galicia desprazáronse ata Mondariz o 26 de outubro para manter a primeira xornada de reunións informativas con usuarios das traídas de abastecemento deste municipio. Os encontros estruturáronse da seguinte maneira: Presentación inicial a todos os asistentes do resumo de traballos de documentación e análise ...
Os días 5 e 11 de outubro os técnicos responsables da redacción dos Plans Municipais de Abastecemento Autónomo de Galicia desprazáronse ata San Xoán de Río para manter diversas reunións informativas cos usuarios das traídas de abastecemento deste municipio. Os encontros estruturáronse da seguinte maneira: Presentación inicial a todos os asistentes do resumo de traballos ...
As instalacións de tratamento de auga potable das redes de abastecemento autónomo deben dispoñer dun sistema de filtración, necesario para eliminar pequenas partículas; e un sistema de desinfección, imprescindibe para garantir a ausencia de microorganismos patóxenos. É recomendable realizar unha cloración con analizador en continuo para axustar a dose no sistema de desinfección, garantindo así ...
Os depósitos das redes de abastecemento autónomo deben cumprir unha serie de requisitos que garantan o bo funcionamento desta instalación, clave no bo funcionamento xeral do sistema. O control de enchido, a impermeabilización, a cámara de chaves e o sistema de tubaxes son partes esenciais dos depósitos, que deben ser revisados periodicamente para validar o ...
Existen dous modelos de mananciais no abastecemento autónomo: Tipo pozo, no que se extrae a auga e se almacena nun depósito con tapa. Tipo rocha, no que se extrae a auga e se almacena nun depósito na propia rocha. En ambos casos é fundamental seguir unha serie de boas prácticas para garantir a calidade da ...
Técnicos de Augas de Galicia desprazáronse ata o concello de Oímbra para manter unha reunión cos usuarios e xestores das traídas de abastecemento autónomo e con representantes municipais para analizar as propostas de mellora detalladas a través dos Plans Municipais de Abastecemento Autónomo de Galicia. Este proxecto ten como obxectivo mellorar o coñecemento sobre os sistemas ...
Usuarios e xestores das traídas de abastecemento autónomo poden diminuír os efectos da seca nas súas redes cunha serie de recomendacións sinxelas: > Mantemento de vexetación frondosa nas inmediacións, que favorece a humidade da contorna. > Protección e aillamento das tubaxes e elementos auxiliares, que evita fugas de auga por dilatacións provocadas pola calor. > ...
Para a elaboración dos Plans Municipais de Abastecemento Autónomo desenvólvense unha serie de traballos de campo que nos permiten recabar información relevante sobre os sistemas de abastecemento autoxestionado nos municipios que participan nesta iniciativa. Avaliamos os sistemas de autoabastecemento; visitamos os mananciais, depósitos e instalacións; compartimos información con usuarios e xestores; e realizamos inspeccións e ...
Os sistemas de abastecemento autónomo son unha alternativa viable e eficiente aos sistemas municipais, no rural disperso. O seguinte vídeo explica dunha maneira sinxela o contido e obxectivos dos Plans Municipais de Abastecemento Autónomo.