A importancia da calidade da auga na saúde

A garantía sanitaria na calidade da auga que se consume é un dos grandes retos que teñen os sistemas de autoconsumo en Galicia.

A auga non potable ten efectos na saúde provocando enfermidades como a hepatite A, a diarrea, etc.

Para conseguir a garantía na calidade da auga é indispensable dispoñer dunhas infraestruturas adecuadas e ademais levar a cabo un correcto mantemento das instalacións.

No que respecta ás características a ter en conta nas infraestruturas destacan os seguintes aspectos:

  • Dispoñer dun sistema de desinfección

Resulta imprescindible desinfectar as augas para poder garantir a ausencia de patóxenos Ademais, trátase dunha obriga legal establecida no RD 140/2003.

  • Estanquidade de captación e depósitos
  • Dispoñer de filtros de malla nas conducións de saída das captacións.

Pero igual de importantes son as tarefas de control,  mantemento e xestión. Entre elas destacan:

  • Dispoñer unha contorna de protección nas captación fronte a xurros e fitosanitarios
  • Limpeza periódica de depósitos e captacións
  • Cumprimento dos requisitos de control sanitario mediante a realización de analíticas.

Máis información sobre control da calidade da auga en:

https://ruralsupplies.eu/4-informacion-al-usuario/abastecimiento-autonomo/09-calidad-sanitaria-de-las-aguas-de-consumo-humano/

A continuación, a  infografía que resume a importancia da garantía de calidade na auga en sistemas autónomos así como as principais medidas para obtela.