Vídeo explicativo traballos de campo Plans Municipais de Abastecemento Autónomo
Para a elaboración dos Plans Municipais de Abastecemento Autónomo desenvólvense unha serie de traballos de campo que nos permiten recabar información relevante sobre os sistemas de abastecemento autoxestionado nos municipios que participan nesta iniciativa.
Avaliamos os sistemas de autoabastecemento; visitamos os mananciais, depósitos e instalacións; compartimos información con usuarios e xestores; e realizamos inspeccións e analíticas periódicas.
O vídeo achega as claves destes traballos de campo, cos que coñecer e mellorar os sistemas de abastecemento autónomo.


Castellano