“OS QUINQUILLÁNS” na Biblioteca de O FROXEL “Francisco A. Vidal” (Arteixo)
O día 6 de outubro, chegaron á nosa Biblioteca, dous investigadores mariños, Tero e Lucho, da compañía “Os Quinquilláns”, que deleitaron ó público contando ás distintas hipóteses para dar explicación á orixe do sal na auga do mar. Tras representar o espectáculo, os dous tripulantes organizaron unha expedición aos fondos mariños levándose consigo ó público, onde descubrimos unhas fantásticas e luminosas especies mariñas.