Rematamos as contadas dos Sábados de Conto no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira con “Ler Conta Moito 2023″. Non acompañou moito para a despedida este outono de temporal en temporal, pero contra as suradas, que mellor cousa que ler un libro na caloriña da casa.
Migallas Teatro cos seus”Cinco ratiños” deixáronnos preciosas historias que contar e compartir ao longo dos meses máis fríos que veñen aí.
Unha aperta moi grande!
Boas lecturas e bo inverno para toda a familia!
No 17 de maio María Faltri encheu de alegría, letras galegas e cancións a praza do Concello de Ribeira. As persoas usuarias da Biblioteca Pública Municipal de Ribeira tiveron unha festa do galego e dos libros para gozar en familia.
Moitas grazas a María e Jorge Juncal pola súa magnífica sesión de “Picadiscos”.
Moitas grazas ao Obradoiro de Cociña Monte Tahume do Concello de Ribeira polo seu agasallo de “Galletas das Letras” que tanta dozura puxeron na nosa mañá do Día das Letras Galegas.
#lercontamoito
#concelloderibeira
#diadasletrasgalegas
Este sábado ás 12.00 h enchémonos de teatro e libros en Ribeira… Francisco Fernández del Riego visitounos da man de Trémola Teatro para explicarnos a importancia da nosa lingua, da nosa comunicación en galego, da nosa necesidade de editar en galego.
Foi un pracer estar con Trémola Teatro e saber que “Ler Conta Moito”.
#lercontamoito
#concelloderibeira
#diadasletrasgalegas
Séguenos