O INSTITUTO Hoxe chégalle a quenda ao IES As Mariñas de Betanzos. O seu alumnado vénnos falar de poderes, si, si, liches ben, dos “nosos” poderes. Non me digas que ti aínda non sabías que temos poderes? E logo non sabes da nosa lingua, do noso patrimonio e das nosas mulleres? Pois atende, atende. E agora que? Xa admites que temos poderes ou ...
O INSTITUTO Hoxe o protagonismo correspóndelle ao IES Perdouro de Burela, un centro educativo de longa traxectoria na súa aposta pola integración cultural. No seu vídeo vas ver alumnas e alumnos do centro, que, desde procedencias moi diversas, se achegan ao galego. Todos somos autóctonos de algures, todos nacemos no seo dunha cultura, e nestes tempos de ...
O INSTITUTO Hoxe comezamos a exposición dos vosos traballos e xa que acabamos de chegar do Entroido, imos empezar cun instituto que sabe moito diso. O IES Lamas de Abade vén realizando desde 2014 unha peculiar Mostra de Entroido na que cada ano se xuntan, polo menos, cinco centros educativos. Imos mirar o vídeo para vermos o que nos contan. Esperamos que che guste. Hai dous anos, desde o IES Francisco Daviña Rey de Monforte de ...
PRESENTACIÓN Este é un programa que pretende aumentar e perfeccionar o emprego oral do galego así como a reflexión persoal sobre a relación que cada persoa ten co galego e co resto das linguas que coñece. Ao longo de 21 días, aquí ides atopar propostas diversas para vos achegardes ao galego e á súa cultura. A maioría ...
Nesta lista de reprodución recóllese a participación do CPR Fogar de Santa Margarida da Coruña nos 21 Días co Galego e + 2020. A actividade no centro foi coordinada polos profesores Carlos Medrano e Pablo Quintá.
Comezamos a publicar os vídeos das alumnas e alumnos dos centros participantes no programa 21 Días co galego e máis da Secretaría Xeral de Política Lingüística na edición 2020. Con esta morea de vídeos que imos ir publicando queremos tamén facilitar a aparición de material lúdico nos fogares. #21díascogalegoemáis #aculturasegue
REFLEXIÓN 3 Hoxe tócache realizar a túa terceira e última gravación de reflexión: neste caso trátase dunha reflexión especial coa que se pretende que realices unha análise xeral da túa participación no proxecto. Para iso queremos que fagas memoria e que lembres como comezamos.. Recorda que, nestes vídeos que deberás gravar en solitario ao final ...
O IES Eduardo Blanco Amor e o CPR Fogar de Santa Margarida envíannos varias propostas para falardes coa familia, que tanto podedes realizar se vos presta estar na casa ao quentiño, como se sodes dos que aproveitan a fin de semana para ir dar unha volta e coñecer mundo. Se subides os vídeos ás vosas ...