AS SESIÓNS DE FORMACIÓN DE AQUALITRANS FINALIZAN COA CELEBRACIÓN DA 4ª XORNADA DE CAPACITACIÓN

INEGI organizou a cuarta e última xornada de capacitación técnica do proxecto AQUALITRANS, que tivo lugar nas instalacións da ETAR do Freixo en Porto o pasado 27.12.2019, na que se contou coa participación de 20 asistentes.

O obxectivo destas sesións de formación é a capacitación de profesionais relacionados coa xestión de estacións depuradoras de augas residuais.

A xornada comezou ás 10 h portuguesa coa recepción de asistentes e contou coa impartición de 5 módulos formativos: en primeiro lugar INEGI describiu os plans de mellora enerxética realizados en EDARs do norte de Portugal, en segundo lugar, Águas do Porto expuxo as experiencias piloto desenvoltas na ETAR de Sobreiras, posteriormente, INEGA realizou unha presentación sobre o potencial de eficiencia enerxética das  EDARs, en cuarto lugar Augas de Galicia mostrou as experiencias piloto en Galicia e para concluír, ITG presentou as ferramentas web para a xestión avanzada de EDARs.

Unha vez finalizadas as cinco ponencias, os asistentes participaron nunha comida, e posteriormente realizaron unha visita guiada á ETAR do Freixo.

Esta cuarta sesión de formación enmárcase na actividade 4.3 do proxecto, que contempla a capacitación de profesionais sobre os que se pretenden mellorar as súas competencias en relación con medidas ao redor da eficiencia das plantas.

Con esta xornada dáse por finalizada a actividade de formación contemplada dentro do proxecto AQUALITRANS cun exitoso balance ao contar ao longo das catro xornadas coa participación de máis de cen profesionais directamente relacionados coa xestión e explotación de estacións depuradoras de augas residuais na Eurorrexión e ao contar co apadriñamento e participación directa nunha das xornadas da Conselleira de  Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez.

 

FOTOGRAFÍAS DA XORNADA: