Un feito azaroso orixina no comezo do ano 2017 o proxecto do Forno do Cal de San Adrián, froito da vontade conxunta do Museo Etnolóxico (Ribadavia) e do CPI Toural (Vilaboa) de colaborar nun plan de estudo e recuperación do citado ben patrimonial encamiñado á participación da comunidade escolar, ofrecéndolle ao alumnado a posibilidade de ...
Neste curso 2020-2021 o CPI Plurilingüe de Vedra pon en marcha este proxecto dentro do Programa de recuperación patrimonial VEDRA MEDRA. Ademais das entradas que vaiamos poñendo neste blog, para seguir as nosas actividades máis polo miúdo podedes mirar o noso facebook no enlace seguinte: https://www.facebook.com/vedramedra/?fref=ts Un saúdo. CPI Plurilingüe de Vedra
O noso proxecta foi realizado polo alumnado de 3º ESO. Nel estudamos o exterior e interior da igrexa románica de Santa María de Nogueira, no concello de Chantada, centrándonos sobre todo nas pinturas murais que decoran o seu interior (góticas e renacentistas) e que durante séculos estiveron cubertas con cal. Hoxe, tras a súa restauración, ...
Póster do proxecto “Facendo Camiño….” co que os alumnos e profesores do CEIP Padre Crespo propuxéronse recuperar un pasal no río Arnoia e poñer en valor o antigo trazado do Camiño da Prata ao seu paso por Xunqueira de Ambía. poster 2019-2020 CEIP Padre Crespo
Os alumnos e profesores do IES Río Cabe adaptaron o seu proxecto ao confinamento e fixeron unha viaxe virtual dende Monforte de Lemos ata a Igrexa de Sta María de Nogueira para coñecer un pouco mellor as súas pinturas. Tiveron como compañeiros de viaxe á restauradora das pinturas de Nogueira, Yolanda Gómez, ao director do ...
Neste póster resúmense todas as actividades desenvolvidas polos alumnos do IES Lama das Quendas no seu proxecto “O Lama no Camiño” poster IES Lama das Quendas
O proxecto do IES de Soutomaior resúmese neste póster: poster IES SOUTOMAIOR
Os alumnos de 4º da ESO e 1º e 2º de bacheralato fixeron un proxecto no que o traballo colaborativo foi unha das sáus características. Adaptaron o seu traballo ao confinamento provocado pola crise sanitaria e neste póster pode verse en qué consistiu: Póster IES da Pontepedriña
No IES Fontem Albei da Fonsagrada desenvolveron o proxecto titulado ” A Fonsagrada: a primeira porta a Santiago” do cal amosan os puntos principais neste póster: Póster Proxecto Camiño
Os alumnos de ESO do IES de Chapela adaptaronse á situación creada polo estado de alarma convertendo o seu proxecto nun traballo de campo etnográfico gracias ao que, mediante enquisas ao seus familiares de máis idade descubriron moitos dos elementos patrimoniais que forman parte do seu contorno inmediato, e outros que forman parte do patrimonio ...