O alumnado de 2ºda ESO traballou deseñando e construíndo unha estructura cun mecanismo de transmisión e movemento e un sistema eléctrico simulando o funcionamento dun faro. Os grupos fan búsqueda de información sobre o tema a tratar, e toman a decisión do faro que van construir. Con varillas de papel comezan a elaborar a estrutura, ...
Xa remantando o curso e o proxecto, vos presentamos o noso produto final: un mapa online onde se localizan os hórreos estudados, con ligazóns aos traballos de campo realizados polo alumnado. Clicando na imaxe poderedes acceder ao mapa: ...
Aprendendo dos tropezos do camiño. Canta ilusión puxemos ó comenzo da nosa andaina! Aínda que o inicio foi un pouco tardío, pronto xurdiron ideas para o noso proxecto de Patrimonio europeo en colaboración con eTwinning. Decidimos apostar por un tema do que en Nós estamos orgullosos: os lavadoiros coas súas múltiples funcións e relevancia ...
Canto os heroes que fixeron grande o noso patrimonio, centrámonos en Hércules e en María Pita. Contamos ca colaboración de Xosé Alfeirán e visitamos a Casa Museo de María Pita, ademáis de explorar o entorno paisaxístico da Torre de Hércules.
Vai chegando o fin de curso e, con el, a fin do proxecto! En España (Galicia e Extremadura), xunto con Portugal e Turquía, temos xa organizada a “apertura” dos Hoteis de Insectos da Cadea Europea do noso eTwinning. En Guitiriz, xa está asentado, preto do invernadoiro construído con botellas de plástico, convertendo esa parte do ...
O alumnado do IES Beade xa realizou o traballo de campo, tomando distintas medidas sobre os hórreos e entrevistando aos donos. Vos deixamos uns pequenos exemplos.
No IES Poeta Díaz Castro estamos a desenvolver un proxecto para descubrir e valorar a nosa biodiversidade como un patrimonio natural, nesta ocasión, cun proxecto europeo eTwinning: Cadea de hoteis de insectos, cuxo TwinSpace recolle toda a información da actividade levada a cabo. Nesta ligazón podedes acceder á primeira descrición, neste medio, do noso proxecto. ...