A través deste proxecto preténdese traballar co alumnado de maneira contextualizada sobre o patrimonio cultural, literario e lingüístico vinculado ao tramo do Camiño de Santiago no que o centro educativo está emprazado, no noso caso a ruta do mar de Arousa ou ruta da Traslatio. A Ruta Traslatio é un fermoso percorrido espiritual que foi ...
Nos meses de novembro e decembro realizamos a 2ª Etapa do noso proxecto, a da “Solidariedade”, na que tíñamos como obxectivo recopilar 500 quilos e 500 litros de alimentos na “Operación Quilo-Litro”, que tradicionalmente levamos a cabo no noso centro nestas datas, en colaboración coa Asociación San Vicente de Paúl. Todos os alimentos os almacenamos ...
. Este Nadal o noso Belén é diferente. Fixémolo representando os diferentes pobos polos que pasa o Camiño de Inverno de Santiago. Esperamos que vos guste!!!
No mes de outubro comezamos a primeira Etapa do noso proxecto, a da “Curiosidade”, na que percorremos por grupos o tramo do Camiño de Santiago que pasa pola nosa vila, mapeando o terreo e anotando todo o que pode resultar de interese para os peregrinos. Adxuntamos enlace ao mapeo. https://view.genial.ly/619344556e08110dcd970cae/presentation-etapa-1-curiosidade Adxuntamos enlace a vídeo dos ...
No proxecto denominado “Way Watchers”, os alumnos de 2º de ESO do CPR Plurilingüe La Merced, transfórmanse en “Vixiantes do Camiño” e encárganse de facer unha limpeza e acondicionamento do Camiño na contorna da escola. O Camiño de Santiago e o tránsito dos peregrinos son unha imaxe cotiá para os alumnos do colexio de La ...
Inauguramos o noso proxecto interdisciplinar de centro cunha foto de todo o alumnado formando a cuncha do peregrino. Os alumnos portan o pano identificativo que levaremos en todas as etapas do proxecto, e no que iremos cosendo os botóns, feitos polo alumnado en impresión 3D, que acreditan a superación de cada etapa.
Como actividade de Samaín, o noso alumnado realizou diferentes traballos sobre as lendas relacionadas coas etapas polas que pasa o Camiño de Inverno. A continuación deixámosvos algunhas imaxes destas actividades. Esperamos que vos gusten! A LAGOA DA SERPE DE PENA TREVINCA – 6ºa LENDA DAS LAVANDEIRAS – 2ºb LENDA DAS XACIAS DE MARCE – Inglés ...
Como actividade de Samaín, o noso alumnado realizou diferentes traballos sobre as lendas dos pobos polos que pasan as etapas do Camiño de Inverno. A continuación deixámosvos algunhas imaxes destas actividades. Esperamos que vos gusten! Lenda da virxe do Faro – 5º Primaria LENDA A DAMA DO CASTRO DE GUNDIVÓS – 4º primaria
Este ano todxs imos ser peregrinxs!!!Propuxémonos facer o Camiño de Inverno de Santiago, xa que unha das súas etapas pasa pola nosa vila, Chantada. Para levalo a cabo combinarémolo con outro proxecto, a milla diaria. Aquí deixámosvos unha imaxe do mural no que imos poder contabilizar a distancia percorrida cada semana. Mural-Etapas-do-Camiño-de-Inverno (1)
Póster-Proxecto-Camiño