Obradoiro sobre Educación Patrimonial

A partires da nosa Expo, reflexionamos sobre as razóns para conservar e difundir o noso patrimonio. Tamén aprendemos a afrontar situacións distintas cando presentamos o noso material ao resto. Moi interesante. Con esta actividade damos por rematado o proxecto. Toda a información do mesmo nesta ligazón.  

TRÍPTICOS INFORMATIVOS DA RUTA TRASLATIO

Aquí deixamos algúns dos trípticos informativos da Ruta Traslatio elaborados polo alumnado de 4º da ESO do noso centro. Un dos trípticos foi enviado ao Concello de Catoira para que poidan expoñelo e difundilo, tratando deste modo de axudar a dar a coñecer a Ruta Traslatio dentro do noso concello.    

Finalizando o noso proxecto: mapa colaborativo

19. Xuño 2022
Finalizando o noso proxecto: mapa colaborativo
Xa remantando o curso e o proxecto, vos presentamos o noso produto final: un mapa online onde se localizan os hórreos estudados, con ligazóns aos traballos de campo realizados polo alumnado. Clicando na imaxe poderedes acceder ao mapa:                                   ...

Charlas do alumnado de 3ºESO aos seus compañeiros de 1º, 2º, 4º ESO e ao profesorado sobre a olaría de Gundivós

Os alumnos/as de 3ºESO estiveron moi atarefados as dúas últimas semanas do mes de maio explicando aos seus compañeiros/as de 1º, 2º, 4º ESO e aos profesores, o que aprenderon durante este curso sobre a olaría de Gundivós. Divididos en grupos (oito en total!), foron explicando clase por clase (e aos profesores nun recreo) distintos ...

Aprendendo dos tropezos do camiño.

18. Xuño 2022
Aprendendo dos tropezos do camiño.   Canta ilusión puxemos ó comenzo da nosa andaina! Aínda que o inicio foi un pouco tardío, pronto xurdiron ideas para o noso proxecto de Patrimonio europeo en colaboración con eTwinning. Decidimos apostar por un tema do que en Nós estamos orgullosos: os lavadoiros coas súas múltiples funcións e relevancia ...

Euroheroes of our time- A pegada do pasado

15. Xuño 2022
Canto os heroes que fixeron grande o noso patrimonio, centrámonos en Hércules e en María Pita. Contamos ca colaboración de Xosé Alfeirán e visitamos a Casa Museo de María Pita, ademáis de explorar o entorno paisaxístico da Torre de Hércules.