Proxecto “Pasiño a pasiño, facendo camiño” CPR Padres Somascos – Fundación Educere (A Guarda)

Os alumnos de 3º de Educación Primaria despois de aprender os aspectos das principais lesións que poden padecer os peregrinos así como o seu tratamento, gravaron un vídeo explicándoas e indicaron algúns consellos para realizar o camiño de xeito óptimo. Enlace ao vídeo da actividade “Coidados peregrinos”: https://drive.google.com/file/d/1bCLL-8PstGaf47deLwWWleph_gnSkd3F/view?usp=sharing  

Proxecto “Pasiño a pasiño, facendo camiño” CPR Padres Somascos – Fundación Educere (A Guarda)

Os alumnos de 6º EP e 1º e 2º ESO da aula específica de educación especial realizaron unhas ilustracións, aprendendo como evolucionou o equipamento que leva un peregrino. Dadas as características desta aula, nalgún caso o debuxo levou moitas horas de traballo e moito esforzo. Enlace a actividade “O equipamento do peregrino”: https://drive.google.com/file/d/19ZKdEjmSwpxCuXM962bSZRlttzrEqfyW/view?usp=sharing  

MURAL DE ENTROIDO: MÁSCARAS DO ENTROIDO DA RIBEIRA SACRA

14. Marzo 2022
Seguimos co noso proxecto de “Quiroga na Ribeira Sacra”. Nesta ocasión e xa que Quiroga non ten personaxes típicos do Entroido, traballamos aqueles personaxes típicos dos concellos da Ribeira Sacra que si teñen un personaxe característico. Así,fixemos un traballo colaborativo por ciclos e confeccionamos un mural con todas as máscaras realizadas. Quedaron moi ben!! http://bibliodoceipquiroga.blogspot.com/2022/03/mural-de-entroido-mascaras-do-entroido.html ...

ENTROIDO 2022. ENTROIDO NA RIBEIRA SACRA

14. Marzo 2022
Entroido no CEIP: Despois dunha semana de intriga pensando que pretendía o Meco cos seus mandados, hoxe por fin resolveuse o misterio. Todos e todas transformámonos en Volantes do Entroido Ribeirao de Chantada. Os volantes portan sobre a cabeza enormes gorros repletos de cintas entre as que varía una ampla gama de cores, aínda que ...

ENTROIDO NO CAMIÑO DE INVERNO

Este ano o alumnado do CEIP Plurilingüe Eloísa Rivadulla realizou un desfile para celebrar o entroido, coa temática de diferentes culturas, por un tramo do Camiño de Inverno que pasa pola zona vella de Chantada, pasámolo xenial!!