Nos meses de novembro e decembro realizamos a 2ª Etapa do noso proxecto, a da “Solidariedade”, na que tíñamos como obxectivo recopilar 500 quilos e 500 litros de alimentos na “Operación Quilo-Litro”, que tradicionalmente levamos a cabo no noso centro nestas datas, en colaboración coa Asociación San Vicente de Paúl. Todos os alimentos os almacenamos ...
Desde o pasado mes de novembro, o alumnado de 1º de ESO do IES está a traballar cos insectos da zona… o propósito é engadir á zona do invernadoiro construído un hotel de insectos. Este proxecto, que nacía como unha iniciativa única, deu en medrar e converteuse nunha cadea de hoteis de insectos, con sede ...
O alumnado do colexio aprende a ubicar Quiroga dentro da extensa comarca da Ribeira Sacra, a través deste gran mural que colgamos no descanso das escaleiras de acceso ao 1º andar.
Presentámosvos un podcast composto por contos terroríficos que se desenvolven el lugares da Ribeira Sacra e que foron creados polos nenos e nenas do CEIP. Podedes escoitalos no seguinte enlace:
Os alumnos e alumnas de sexto de primaria visitaron o Museo Xeolóxico de Quiroga. Alí foron recibidos por Ramón Vila, director do museo, que lles explicou de xeito moi didáctico a historia xeolóxica do Xeoparque Montañas de Courel. Moitas grazas a Ramón que sabe espertar como ninguén o interese dos nenos e nenas! Sen dúbida ...
Descubrir, coñecer, investigar, valorar a nosa contorna: QUIROGA NA RIBEIRA SACRA. Este é o título do proxecto documental do noso colexio que nos serve para coñecer mellor e identificar gran variedade de árbores dos bosques que nos arrodean, tanto de fraga coma de devesa. O alumnado de 3º e 4º de primaria comezamos facendo unha ...
O venres, día 19 de novembro, os alumnos e alumnas de sexto viaxaron ata Margaride, onde foron recibidos por Pablo e Sandra, da Bodega EDV, unha das adegas de Quiroga que forman parte da denominación de orixe Ribeira Sacra. Pablo foi un perfecto anfitrión que explicou aos nenos e nenas todo o proceso de elaboración ...
Sabedes o que é un esgrafiado? O noso alumnado de primeiro e segundo estivo traballando esta técnica decorativa que aparece en moitos lugares da Ribeira Sacra. Fixeron un esgrafiado ao seu gusto sobre un debuxo inspirado na Casa do Carteiro de Montefurado. Unha das casas máis bonitas do percorrido do Camiño de Inverno no noso ...
Os alumnos e alumnas de 2º de primaria traballaron a temática do Camiño de Santiago e a Ribeira Sacra a través das olivas da nosa zona. Xogaron coas súas cores favoritas para reinterpretar os debuxos dos murais de Quiroga do autor Mon Devane, coas súas caras. Aquí podedes ver parte dos seus traballos. ...
Presentamos a credencial que ten que cubrir o alumnado para acadar o título de experto no proxecto: QUIROGA NA RIBEIRA SACRA