Actividades 2º Trimestre: “Xeolocalizando e Guiando o Noso Camiño”

04. Abril 2022
Este segundo trimestre comezamos tomando decisións sobre o noso proxecto “Xeolocalizando e Guiando o Noso Camiño”, enmarcado no Plan Proxecta “Educación Patrimonial: Mirando polo Camiño”. Decidiuse analizar os coñecementos que o alumnado doutras familias profesionais do centro tiña sobre o Camiño inglés, facendo participes nun Kahoot a todos os grupos do centro. (Xaneiro – Febreiro) ...

“Gundivós, terra de oleiros”. Actividade realizada para coñecer a olaría tradicional doutras zonas fóra da Ribeira Sacra (“poterie” de Gèr)

O alumnado de 3º ESO que cursa a materia de Francés II lingua estranxeira, realizou un traballo na aula onde se comparou a olaría tradicional de Gundivós cunha olaría tradicional do norte de Francia. Con este fin, realizouse unha pesquisa para coñecer a alfarería tradicional de Gèr, unha aldea duns 80 habitantes que se atopa ...

O noso caderno de campo

24. Marzo 2022
Versión dixital do caderno de campo que o alumnado do IES Beade empregará na súa investigación sobre os hórreos da parroquia                     https://www.calameo.com/read/006124175a240dbb6d520

Proxecto “Pasiño a pasiño, facendo camiño” CPR Padres Somascos – Fundación Educere (A Guarda)

Os alumnos de 3º ESO estudaron a poesía medieval e, como actividade práctica, presentouse este obradoiro de escritura creativa no que os alumnos habían compoñer un romance. Para elo, tiñan que ter en conta as características deste tipo de composicións e a temática do Camiño de Santiago.  Puideron traballar en parellas ou de xeito individual. ...

Proxecto “Pasiño a pasiño, facendo camiño” CPR Padres Somascos – Fundación Educere (A Guarda)

Os alumnos de 2º ESO, repartidos en dous grupos, fixeron uns traballos na materia de Tecnoloxía, estudando as estruturas románicas e góticas. Un grupo analizou as estruturas construtivas das catedrais románicas, exemplificandoo na catedral de Santiago de Compostela. Link: https://view.genial.ly/620e26130a8a2a0010ad2499/interactive-content-lista-arte-horizontal E o outro analizou as estruturas construtivas das catedrais góticas, exemplificandoo na catedral de León. Link: https://view.genial.ly/6214be4355289800114683f2/interactive-content-genially ...