Mira como cho conto!! na A.L.M. de San Vicente
Mira como cho conto!! a cargo de Xanela Ocio e animación
9 de maio, ás 18:00 h, na Axencia de Lectura Municipal de San Vicente
Mira como cho conto!! trataba de ilustrar un conto ao mesmo tempo que se estaba a escoitar, para facerse unha idea máis ampla do que estaba a ocorrer.
Os contos foron os seguintes:
- O señor Ramón e a Señora Ramona de Beatriz Montero
- A maceira que daba calquera cousa menos mazás de Pinto & Chinto
- A Princesa do Caurel de Javier Solchaga
Como era a primeira vez que faciamos unha actividade de contacontos nesta biblioteca, o público foi un pouco tímido ao principio, pero enseguida comezaron a entrar, non só nenos e nenas, se non tamén adultos.
Os contos engatusaron aos asistentes e os contadores interactuaron co público, facendo que grandes e pequenos debuxaran, interviñeran e contribuíran ao desenvolvemento da actividade, conseguindo a súa implicación e mantendo en todo momento a súa atención.