Obradoiro/taller de Cómic con Santy Gutiérrez na Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo, de Cambre (I)
O día 25 de abril de 2013, dentro da programación Abrilustrado para conmemorar o mes do libro, contamos na biblioteca con Santy Gutiérrez que imparte un obradoiro de banda deseñada ao alumnado de 3º C do IES Afonso X O Sabio.
Fai un percorrido por toda a linguaxe do cómic: bocadillos, tipos de viñetas, diferentes tipos de planos, encadres, a importancia das onomatopeias…
Santy Gutiérrez realiza un taller eminentemente práctico, dinámico, activo e participativo, onde non hai tempo a aburrirse.