Gravidade Cero na Biblioteca de Lorbé-Dexo, Oleiros
O mércores, 5 de xuño, na Biblioteca Pública Municipal “Xograr Mendiño” de Lorbé-Dexo, Oleiros (A Coruña), na que foi a primeira sesión do programa de “Ler conta moito”, actuacou o Mago Toño da Asociación Cultural Oficios Antigos co espectáculo “Gravidade Cero”. A actividade consistía nunha actuación de maxia con trucos relacionados co mundo da Física (estados, gravidade, forza, aceleración, etc.), onde aparentemente todo saía mal, co fin de que o público crea que viu o “truco”, cando o mago volve a inténtalo, é entón cando a maxia prodúcese. Os nenos e nenas asistentes participaron nos trucos como axudantes do mago, o que agrodou moito a todos,facendo que a actuación fose máis máxica, xa que os pequenos entraban nun mundo alleo a eles.
Espectáculo moi divertido e recomendable.
Para complementar esta actividade fíxose unha pequena exposición cos fondos sobre maxia da biblioteca.