04/07/2013

As dúbidas, os medos, as mentiras non só as teñen os humanos, os animais tamén as sofren. Con esta proposta titulada “As dúbidas dos animais” presentouse o pasado 14 de maio EDUVIA na Biblioteca Municipal, ante os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Infantil do CPI Pontecesures.