A compañía Elefante Elegante aterra en Carnota co espectáculo O aviador.
A actividade tivo lugar o 02/08/2013 no salón de actos do Concello de Carnota, a escasos metros da axencia de lectura. Trátase dun espectáculo de aventuras interactivo que recrea a amizade entre un aviador e un moucho que detesta a luz do sol, polo que os dous personaxes intentan facelo desaparecer, ata que se decatan de que a vida sen sol non é posible. Todo isto acompañado dunha rica posta en escena e grandes doses de humor.