BIBLIOPAZOS: “Contos do Mundo” con Maria Paz Gutierrez
Dende a Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén (BIBLIOPAZOS) organizamos unha actividade de contacontos con María Paz Gutierrez (Solidariedade Internacional de Galicia) para o Mércores 2 de Outubro, ás 13:00 horas no Auditorio do Concello en Pazos.
“CONTOS DO MUNDO” é unha viaxe polo mundo e as culturas a través dos contos.
Contos do Mundo é unha campaña de educación multicultural que fomenta os coñecementos doutras culturas para erradicar futuros comportamentos racistas, xénofobos, etnocentristas e a creación de prexuízos e estereotipos culturais e sociais.
A través da narración e a representación de varios contos, recollidos varios libros editados en Solidariedade Internacional de Galicia, achegaránse as nenas e neos da cultura de países como Guatemaña, Senegal ou Palestina. Para difundir estas ideas e abalados pola experiencia empregan o libro como ferramenta por ser lúdico, universal e acronolóxico. Algúns dos títulos dos libros son: “Irene en América Central”, “Irene no Sahara”, “Irene en Oriente Próximo”…
Esta iniciativa pretende estimular a linguaxe e a imaxinación. O formato elixido, un libro de contos, non é cuestion de azar, se non que é producto dun proceso de traballo. Escoitar contos lles permite ás nenas e nenos desenvolver a capacidade reflexiva, pois sempre hai unha mensaxe no contido do conto.
¡Contamos coa vosa asistencia!
Non vos esquezades
Se queres máis información busca no BLOG de BIBLIOPAZOS facendo clic na seguinte imaxe: