Contos para todos/as, na B.P.M de Verín
‘Ler conta moito’, primeira iniciativa do curso na Biblioteca de Verín O pasado venres 27 de setembro, de 18 a 19 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín e
a Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, promoven a iniciativa Ler conta moito’.
A mesma foi destinada a un máximo de 40 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. O programa de dinamización de lectura
‘Ler conta moito’ ten por obxecto fomentar o hábito da lectura no conxunto da poboación, a través dun achegamento á biblioteca que esperte o interese polo que esta pode ofrecer, fortalecer o papel das bibliotecas como espazo de relación, aberto e participativo, e como axente facilitador da aprendizaxe permanente e da descuberta de novos temas e inquedanzas sociais; consolidar a programación
compartida da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, coa renovación permanente de propostas atractivas e de calidade, promover o desenvolvemento cultural como vehículo para o crecemento persoal e colectivo, e valorar o libro e, en xeral, a lectura como elemento de transmisión de coñecemento e de reflexión. Por este motivo, os/as asistentes poderán coñecer as historias máis asombrosas e inexplicables, a través da figura dun contador de contos profesionais, que transportará aos/ás nenos/as por todos os mundos, vivencias e soños imposibles e posibles.
‘Ler conta moito’ é a primeira iniciativa do curso escolar 2013/2014 que se desenvolverá na Biblioteca de Verín, e conta coa colaboración do persoal da instalación e
mozos/as voluntarios, con idades comprendidas entre os 11 e 16 anos, que durante o ano realizan actividades de Fomento da Lectura na instalación municipal -destinadas a nenos/as de 3 a 9 anos, e que xa foron recoñecidas, durante cinco anos consecutivos,
na Campaña de Animación á Lectura María Moliner, co nomeamento como Biblioteca Asociada pola UNESCO, e co premio á Mellor Iniciativa ao Fomento da Lectura para Bibliotecas Públicas 2011, concedido pola Federación de Gremios de Editores de España-.
Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca
http://av.centromultimedia.net/microsite/verin/biblioteca/galego/index.htm,
como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?=wall
Para ver os recortes de prensa desta actividade e outras anteriores: http://av.centromultimedia.net/microsite/verin/biblioteca/galego/RECORTESDEPRENSA.pdf