Larraitz e os Babacontos na Biblioteca Dora Vázquez en Oseiro-Arteixo
A sesión de contacontos durou preto dunha hora. A ela asistiron nenos con idades comprendidas entre 4-11 anos. Dende o primeiro momento houbo unha boa sintonía entre os cativos e Larraitz. Axudando moito a expresividade mostrada pola contadora de historias. Gustoulles moito o conto no que empregou vexetais como complemento á palabra.