
Obradoiro creativo “Arte nos libros! Con Velázquez, a cargo de Crearte Servizos Culturais
¡Todos quedaron encantados!
Imaxes proxectadas, lecturas e pequenas actividades conforman a dinámica destes obradoiros nos que os rapaces interpretan imaxes artísticas, estimulan a creatividade, e establecen conexión entre as artes visuais, a literatura, a historia e mesmo as matemáticas. Paixón pola arte e os libros!

Contacontos: “Animaliños”, a cargo de Eduvia (Vías para a Educación)
O duende Dada, deleitounos cun repertorio de contos marabillosos nos que os protagonistas son os animais. Unha divertida forma de fomentar o hábito lector, así como o respecto pola natureza e o amor polos animais. O título desta contada homenaxea unha das obras de Roberto Vidal Bolaño.
Entrada de balde, ata completar aforo
·
1 15 de novembro, venres
Os nenos de Coirós gozaron con Xanela ocio e animación.
Tarde de conto na que os nenos foron os protagonistas.
O 24 de outubro celebramos na Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia o Dia da Biblioteca e o 50 aniversario da creación da biblioteca cun contacontos da man de Sherezade Bardají titulado “Onde viven os monstros”, un espectáculo de luces e sombras. Despois repartimos libros a todos os asistentes e celebramos o aniversario cunha tarta.



O día 20 de setembro visitounos Fátima Fernández, e nos contou o máis clásico dos contos infantís, os reis, os príncipes e princesas, as súas debilidades e fortalezas. Fátima Fernández deleitou ao nenos e nenas coa súa simpatía e sentido do humor.
O venres 11 de outubro tivemos na biblioteca municipal unha sesión de regueifas a cargo de Bieito Lobariñas e Pinto d’Herbón, pertencentes á Asociación Oral de Galicia. Un grupo de 45 persoas adultas disfrutaron durante un pouco máis dunha hora das súas improvisacións. Esta actividade forma parte das organizadas dentro da programación Ler Conta Moito para este ano.


Séguenos