Fedella con OINK! (I)
Escairón, 4 de abril de 2014 ás 17:00, na biblioteca de Escairón
Celebramos o Día do Libro Infantil e Xuvenil este venres fedellando con OINK!.
A primeira sesión dos obradoiros Fedella con OINK! levounos a coñecer o mundo da arqueoloxía da man de Andrea e Marcos.
Preparamos o terreo cunha grella e seguimos os pasos científicos para facer unha excavación arqueolóxica. Despois de rexistrar todas as cousas que atopamos, tratamos de averiguar que son e que significan os nosos achádegos .
Desciframos un xeroglífico exipcio (do mesmo xeito que as claves reveladas pola “Pedra de Rosetta”) e xuntando todos os fósiles atopados durante a nosa excavación descobrimos que eran os restos de dous dinosauros.
Tamén atopamos sinais da ocupación prehistórica e romana no noso territorio. E por suposto, restos de lixo deixados polo home actual.
De recordo levamos tamén un exemplar de OINK!, a Revista do Xabarín Club.